Inicio Carballo ao día Axenda O festival das artes inclusivas Diversidarte trae...

O festival das artes inclusivas Diversidarte trae a música a Carballo

Domingo 26 de marzo do 2023 18.00 horas - Pazo da Cultura Educación Conservatorio

O festival das artes inclusivas Diversidarte, unha iniciativa da Asociación Poten100mos que dende o ano 2016 leva apoiado a máis de 400 artistas en diferentes situacións de vulnerabilidade, chega ao Pazo da Cultura coa colaboración do Conservatorio Profesional de Música (CMUS) do Concello de Carballo.

O domingo 26 de marzo gozaremos no auditorio das actuacións de Ensemble SuperArte e Coro Infantil do proxecto inclusivo do Conservatorio Profesional de Música da Coruña. A actuación está aberta a todo o público ata completar capacidade.

A Asociación Poten100mos é unha organización sen ánimo de lucro que traballa polo desenvolvemento personal e a inclusión das persoas en situación de vulnerabilidade, desenvolvendo actividades dirixidas á súa integración e participación dentro da comunidade cun carácter innovador e eficaz.

Compartir:


- 2023 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D