Inicio Carballo ao día Axenda Xogando sen xénero, unha proposta infantil...

Xogando sen xénero, unha proposta infantil para o 8M

Mércores 8 de marzo do 2023 18.00 horas - Mercado municipal de abastos Benestar

O programa da Concellaría de Igualdade inclúe propostas para educar en igualdade dende a infancia. Con ese obxectivo, o 8M celébrase dende unha perspectiva lúdica. Estas son as actividades que se celebrarán no mercado municipal de abastos a partir das 18.00 horas:

Mural colectivo: crearemos un mural no que nenas e nenos pintarán as súas mans de cor lila, e deixarán as súas pegadas sobre un mural xigante de papel para construír xuntos un símbolo da xornada.

Xogando sen xénero: o mercado acollerá xogos tradicionais e populares sen cores nin sexualización, xogos e xoguetes de toda a vida que axudará aos pequenos e pequenas a entender que o xogo pode ser libre e respectar a diversidade de persoas.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D