Inicio Carballo ao día Axenda Concerto de Antía Muíño...

Concerto de Antía Muíño organizado por Lumieira

Venres 25 de novembro do 2022 21.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Con varios sinxelos publicados, Antía Muíño estáse a converter nun pequeno gran fenómeno: os adiantos do seu primeiro álbum, que se publicará este xoves 24 de novembro, suman máis dun millón de reproducións na principal plataforma de música en streaming.

O venres 25 en Carballo seremos os primeiros en escoitar Carta aberta, no concerto organizado pola asociación cultural Lumieira con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres e as Nenas, e dentro do programa Novembro con Música.

Entradas limitadas. Venda anticipada nas librarías de Carballo.

Compartir:


- 2022 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1