Inicio Carballo ao día Axenda Os Ratos de Lonxedetodo preguntan "De onde...

Os Ratos de Lonxedetodo preguntan "De onde veñen os bebés?"

Mércores 18 de xaneiro do 2023 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua

Os Ratos de Lonxedetodo están de volta en Carballo! E esta semana preséntannos o espectáculo De onde veñen os bebés?

Os famosos e queridos ratiños de TrinkeTrinke Teatro convidarán aos nenos e nenas a percorrer as nosas tradicións, a respectar a diversidade, a loitar contra o cambio climático, a afrontar e resolver os problemas, a interesarse pola ciencia, a descubrir o grande que é o mundo e a aprender dos maiores, e todo iso a través dunha serie de espectáculos teatrais e musicais dos que, sen dúbida, a cativada desfrutará coma sempre.

Os espectáculos van destinados a nenos e nenas de 4 ao 8 anos. Como xa vén sendo habitual, haberá dúas funcións cada mércores: unha ás 17.00 e outra ás 18.30 horas. Os convites poderán reservarse dende o mércores anterior chamando ao 981758580 a partir das 10.00 horas.

Compartir:


- 2023 +
- Xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
16
17
19
20
21
30
31