Inicio Carballo ao día Axenda Feira de Oportunidades do comercio local de...

Feira de Oportunidades do comercio local de Carballo

Do venres 26 de agosto ata o domingo 28 de agosto do 2022 Rúa Jacinto Amigo Lera Promoción Económica

Unha vintena de establecementos participarán do 26 ao 28 deste mes na primeira Feira de Oportunidades impulsada dende a Deputación da Coruña dentro dun programa de dinamización do comercio local nos concellos da provincia de 10.000 a 50.000 habitantes. A Mesa Local de Comercio aprobou no seu momento a adhesión do Concello de Carballo a este novo programa, no que contamos coa colaboración do Centro Comercial Aberto (CCA) para o seu desenvolvemento.

Deste xeito, todo o protagonismo recae no comercio local. Estes son os establecementos participantes, seleccionados polo propio CCA entre os seus asociados: Poppy, Zapatillería Isabel, Necos, Zocas, regalosyregalitos.com, Calzados Susa, Mímate, A fragua, Akira, Style, holaMOBI, Miriñaque, La casita de Lu, O barco dos soños, Atelier, Mmmm! Xeados, Ferretería Ángel Rama, Cris Zapatería Infantil. Cada un deles contará coa súa propia carpa, e o resto do espazo estará ocupado polos probadores.

A Feira de Oportunidades celebrarase na rúa Jacinto Amigo Lera. Será inaugurada o venres ás 17.00 horas e nesta primeira xornada estará aberta ata as 21.00. Durante a fin de semana o horario será de mañá e tarde: sábado, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, e domingo, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 20.00. Os descontos poden acadar ata o 80%, polo que este evento convértese nunha excelente oportunidade para todo o público.

Compartir:


- 2022 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1