Inicio O Concello Axenda institucional Visita a Carballo do presidente da...

Visita a Carballo do presidente da Deputación

Venres 22 de xullo do 2022

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visita Carballo. Para as 12.45 horas está prevista a súa presenza no Parque de Bombeiros, onde acudirá acompañado polo concelleiro e vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e polo alcalde, Evencio Ferrero. Posteriormente desprazarase ata as instalacións de Aspaber para facer entrega dun novo vehículo de transporte adaptado á entidade. Á visita de Aspaber sumaranse a deputada provincial de Benestar Social, Ana Lamas, e a concelleira de Igualdade e Benestar de Carballo, Maica Ures.

Compartir: