Inicio Carballo ao día Axenda Rosalía e Lorca, unidos nas voces de...

Rosalía e Lorca, unidos nas voces de Uxía e Javier Ruibal

Venres 29 de xullo do 2022 22.30 horas - Praza do Concello Cultura

De tu casa a la mía é un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía de ambos autores: Uxía e Javier Ruibal. Farano con novas melodías que nos fagan coñecer máis a fondo a súa obra e tamén descubrir a profunda admiración que Lorca sentía por Rosalía, nesa unión norte-sur presente na súa poesía que, no caso de Lorca, terá a súa culminación ao escribir os Seis poemas galegos editados en 1935.

Uxía e Ruibal teñen xa unha ampla experiencia musicando poetas. Este traballo é un paso máis nunha historia de amizade e complicidade que quere seguir o camiño iniciado por Lorca de Granada a Santiago, selando esa irmandade e a proximidade de espírito e de ideais; poñer no centro o que nos une e non o que nos separa, tender pontes sobre os versos e a alma de dúas fguras universais. Os dous proveñen da música popular ibérica que se proxecta ao mundo; son dúas voces que beben de todo ese acervo que Lorca e Rosalía trasladaron aos seus versos, que son pura musicalidade e inspiración.

Vídeos

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4