Inicio Carballo ao día Axenda O stand de información sexual volve...

O stand de información sexual volve á rúa polo San Xoán

Do venres 24 de xuño ata o sábado 25 de xuño do 2022 23.00 a 02.00 horas - Praza do Concello Benestar

O stand de información sexual do Concello de Carballo volve á rúa polo San Xoán. Despois da boa acollida que tivo no Rockin', os días 24 e 25 estará situado na zona da Praza do Concello, a disposición de todo o público que se achegue aos concertos e ás verbenas. O horario de apertura será de 23.00 a 02.00 horas.

No posto, atendido por persoal especializado, ofrecerase información sobre violencia de xénero, lgtbfobia, recursos a disposición da mocidade, etc. Tamén se repartirá material específico das campañas Agresións 0'0 e información sexual.

Compartir:


- 2022 +
- Xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
12
19
20
27
28