Inicio Carballo ao día Axenda 1º Clinic Concello de Carballo para...

1º Clinic Concello de Carballo para adestradores de baloncesto

Sábado 18 de xuño do 2022 Pavillón Vila de Noia Deporte

O Concello de Carballo e a Escola Basket Xiria organizan o 1º Clinic Concello de Carballo, que se celebrará o 18 de xuño no pavillón Vila de Noia, coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto. A iniciativa está enmarcada no programa da Escola de Adestradores impulsada polo club carballés.

O clinic ten como finalidade axudar na formación do/a xogador/a, servir coma referencia para os adestradores de base, e que poidan aplicar cos seus xogadores os coñecementos recibidos. Unha charla pola mañá e dúas na sesión de tarde conforman o programa do clinic, que convalidará 12 horas de formación nos cursos da FEGABA e que nace coa idea de converterse nun clásico de estas datas na comarca de Bergantiños.

Para conseguilo contaremos con tres adestradores de primeira:

  • José Ramón «Jota» Cuspinera Diéguez (Getxo, 1970). Adestrador de clubs como Estudiantes, Baskonia, Fuenlabrada ou Real Madrid. Falará do "Uso de espazos para o desenvolvemento do xogador".
  • Víctor Tomás Pérez Bermúdez, (Santiago, 1973). Adestrador axudante do Obradoiro e un dos artifices do gran traballo individual dos xogadores que pasaron polo club como ponte á Euroliga ou NBA. Falará do "Traballo específico das mans para a mellora dos xogadores".
  • Óscar Lata Alonso (A Coruña, 1974). Ex adestrador de Basket Xiria, conta cunha ampla experiencia como adestrador axudante en ACB ou Euroliga, actualmente no UCAM Murcia. Falará do "Xogo de cara, busca de solucións individuais".

Horarios

12:00h Víctor Pérez: "Traballo de mans para a mellora individual"
16:30h Jota Cuspinera: "Uso de espazos para o desenvolvemento do xogador"
18:30h Óscar Lata: "Xogo de cara: busca de solucións individuais"

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D