Inicio Carballo ao día Axenda "A lúa vai encuberta", teatro...

"A lúa vai encuberta", teatro con Incendiaria e A Quinta do Cuadrante

Venres 11 de febreiro do 2022 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

"A lúa vai encuberta" é unha obra arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións. Unha proposta de teatro documental cunha posta en escena divertida e emocionante. Con esta proposta, as compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante gañaron o Premio do II Certame Manuel María de proxectos teatrais.


Autoría: Manuel María.
Dramaturxia: Vanesa Sotelo
Intérpretes: Davide González, Melania Cruz, Vanesa Sotelo e Tito Asorey.
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso
Espazo sonoro e música orixinal: Davide González.
Deseño iluminación: Laura Iturralde.
Axudante dirección: Sara Rey.
Dirección: Tito Asorey.
Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios

Duración: 1 h 15 min / Público: A partir de 13 anos
Prezo da entrada: 4 € / 3 € 

VENDA ANTICIPADA: www.ataquilla.com
A compra anticipada de entradas a través de www.ataquilla.com supón gastos de xestión.
VENDA DIRECTA / BILLETEIRA: Venda de entradas o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura, desde 90 minutos antes do inicio da actuación

As entradas mercadas no despacho de billetes serán asignadas pola organización. No caso de querer seleccionar unha localidade concreta deberán empregar o sistema de venda anticipada. Non se admiten cambios nin devolucións. No caso de prezo reducido (estudantes con carné de estudante, maiores de 60 e menores de 18 anos) deberá acreditarse debidamente a circunstancia especial do prezo reducido no acceso ao espectáculo.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D