Inicio Carballo ao día Axenda “Gaza mon amour” pecha o ciclo de cine...

“Gaza mon amour” pecha o ciclo de cine euroárabe

Venres 18 de febreiro do 2022 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Amal en Ruta celebra o seu quinto aniversario en Carballo cun novo ciclo de cine euroárabe que se desenvolverá dende o xoves 3 ata o venres 18 deste mes de febrero na Biblioteca Rego da Balsa e no Pazo da Cultura. O acceso ás proxeccións, que comezarán ás 20.30 horas, é libre e de balde ata completar aforo.

“Gaza mon amour”. Longametraxe de ficción. Tarzan Nasser e Arab Nasser / Francia, Alemaña, Portugal, Palestina e Qatar / 2020 / 87 minutos

Gaza, na actualidade. Issa, un pescador de sesenta anos, está namorado de Siham, unha muller que traballa no mercado coa súa filla. Cando descobre unha antiga estatúa de Apolo nas súas redes de pesca, Issa escóndea, sen saber que este descubrimento cambiará a súa vida para sempre. Mentres, a súa confianza aumenta e decide achegarse a Siham.

Os xemelgos Tarzan e Arab Nasser naceron en Gaza, en 1988. Estudaron Belas Artes na Universidade da o – Aqsa, onde comezou a súa paixón polo cinema e a pintura. Desde o seu debut, en 2013, cun curto que foi seleccionado para a competición oficial do Festival de Cannes, a súa progresión cinematográfica foi notable, ata chegar a converterse en referentes do cinema palestino.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D