Inicio Carballo ao día Axenda “The return: Life after ISIS” , novo documental...

“The return: Life after ISIS” , novo documental do ciclo de cine euroárabe

Xoves 17 de febreiro do 2022 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Amal en Ruta celebra o seu quinto aniversario en Carballo cun novo ciclo de cine euroárabe que se desenvolverá dende o xoves 3 ata o venres 18 deste mes de febrero na Biblioteca Rego da Balsa e no Pazo da Cultura. O acceso ás proxeccións, que comezarán ás 20.30 horas, é libre e de balde ata completar aforo.

“The return: Life after ISIS” (O retorno: A vida despois do ISIS). Documental. Alba Sotorra / España / 2021/ 90 minutos  
Narra a historia dun grupo de mulleres occidentais que dedicaron a súa mocidade ao ISIS, pero que agora queren ter a oportunidade de reconstruír as súas vidas en casa. O acceso exclusivo de Alba Sotorra, a directora, ao campo de Al-Roj no nordés de Siria móstranos a dura realidade dun grupo de mulleres atrapadas polo seu pasado como membros de ISIS.   Shamima Begum (Reino Unido) e Hoda Muthana (EE. UU.) marcharon dos seus países manipuladas pola propaganda terrorista e o odio das redes sociais. O arrepentimento sincero merece unha segunda oportunidade? Pódese xustificar que os países occidentais acepten o retorno dos seus fillos, pero rexeiten que as súas nais poidan volver? A directora catalá esfórzase por comprender os matices dunha situación complexa e delicada. O seguimento de dous anos da vida de Shamina, Hoda, Hafida, Nawal e Kimberly ponnos nun lugar incómodo, pero o seu testemuño fainos entender a crueldade, o abuso e a misoxinia que viviron. A sensibilidade de Sotorra ao observar sen prexuízos pon en evidencia a necesidade urxente de establecer un diálogo honesto e empático entre culturas, relixións, xéneros e cosmovisións diferentes. A cinta estivo nomeada nos Premios Goya 2021 na categoría de mellor documental.

Alba Sotorra Clua (Reus, 1980) é unha directora e produtora de cinema documental española. Fundou a produtora audiovisual Alba Sotorra S.L. As súas películas tratan temas contemporáneos relacionados con conflitos políticos, sociais e humanos da actualidade. O seu traballo céntrase sobre todo nas historias humanas que reflexionan, desde unha perspectiva de xénero, sobre temas como a liberdade, a igualdade e a identidade. Alba traballou en Siria, Afganistán, Corea, Bosnia, Cuba, Estados Unidos, Guatemala, Inglaterra, Irán, Paquistán, Porto Rico e Qatar, e viviu longas tempadas en Oriente Medio. As súas películas estreáronse en festivais internacionais como Hot Docs, Xangai International Film Festival, Karlovy Vary e Seminci. Os seus proxectos máis relevantes son as longametraxes documentais Miradas desveladas (2008), Qatar, The Race (2011), Game Over (2015), polo que recibiu un Premio Gaudí á mellor película documental, e Comandante Arian (2018), nomeada aos Premios Gaudí.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4