Inicio Carballo ao día Axenda Continúa "Amal en Ruta" coa...

Continúa "Amal en Ruta" coa película “The reports on Sarah and Saleem”

Xoves 10 de febreiro do 2022 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Amal en Ruta celebra o seu quinto aniversario en Carballo cun novo ciclo de cine euroárabe que se desenvolverá dende o xoves 3 ata o venres 18 deste mes de febrero na Biblioteca Rego da Balsa e no Pazo da Cultura. O acceso ás proxeccións, que comezarán ás 20.30 horas, é libre e de balde ata completar aforo.

“The reports on Sarah and Saleem” (Os informes sobre Sara e Saleem). Longametraxe de ficción. Muayad Alayan / Palestina, Países Baixos (Holanda), Alemaña e México / 2018/ 127 minutos

Drama, baseado en feitos reais, sobre a relación adúltera de Sarah, unha muller israelí que dirixe un café no oeste de Xerusalén, e Saleem, palestino de Xerusalén este que traballa como repartidor. Os seus cónxuxes vólvense conscientes dos enganos das súas parellas despois de que Saleem e Sarah peléxense en público, o que sitúa a Saleem no punto de mira das forzas de seguridade israelís.

Muayad Alayan (1985, Palestina) é un cineasta e director de fotografía residente en Xerusalén. Estudou Cinema en San Francisco, onde o seu proxecto de gradación, o documental “ Exiles in Jerusalem” (2005), gañou o Premio Kodak. A primeira longametraxe de Alayan “Ao- hob wa ao- sariqa wa mashakel ukhra / Love Theft and Other Entanglements” (2015) estreouse en Berlín. “ The Reports on Sarah and Saleem” recibiu o Premio do Público e Premio Especial do Xurado no Festival de Róterdan en 2018, os premios á Mellor Película e Mellor Actriz do Festival de Durban en 2018, e o premio a Mellor Película no Festival de Seattle. Alayan é cofundador de Palcine Productions, un colectivo de cineastas e artistas audiovisuais en Xerusalén e Belén. Ademais, traballou como instrutor de cinema e cinematografía en varias institucións académicas en Palestina.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D