Inicio Carballo ao día Axenda Carballo acolle a 1ª Feira do Mercado Social

Carballo acolle a 1ª Feira do Mercado Social

Domingo 12 de decembro do 2021 10.30 a 19.30 horas - Planta alta do Mercado Municipal Participación veciñal

Impulsar e apoiar unha rede de empresas solidarias, que fomenten o respecto ás persoas e ao medio ambiente en todos os ámbitos da economía, é o obxectivo da 1ª Feira do Mercado Social, que se celebrará o domingo 12 de decembro na planta alta do Mercado Municipal, e que está organizada pola Oficina de Promoción Económica do Concello de Carballo coa colaboración de REAS Galicia, unha rede de empresas con características éticas e solidarias que desenvolven a súa actividade na nosa comunidade autónoma e que está constituída na actualidade por 25 entidades.

A 1ª Feira do Mercado Social encherá de actividade o Mercado Municipal durante toda a xornada do domingo, coincidindo coa tradicional feira do segundo domingo de mes. Aquí tes a programación:

  • 10.30 horas. Apertura da feira
  • 10.00 a 11.50h. Mesa de experiencias sociais
  • 12.00h. #AquíeAcoláOXusto. Mapa de Solidariedade Internacional sobre o consumo.
  • 13.00h. Sesión vermú con Aldaolado
  • 14.30 a 17.00h. Descanso (o recinto estará pechado)
  • 17.00h. Obradoiro de sensibilización sobre accesibilidade universal. Praxxis Inclusión.
  • 18.00h. Xarope Tulú presenta o espectáculo “Utopías” para o público familiar.
  • 19.30h. Clausura
Achégate e únete á causa!

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D