Inicio Carballo ao día Axenda Feiriña solidaria de Nadal organizada por...

Feiriña solidaria de Nadal organizada por O legado de Max

Do sábado 11 de decembro ata o domingo 12 de decembro do 2021 10.00 a 14.00 e 16.00 a 20.00 horas - Casino1889 Participación veciñal

Esta actividade organizada por O legado de Max consiste nunha feiriña solidaria con obxectos de segunda man: bufandas, bolsas, mandís de cociña, sacos de sementes feitos a man, calendarios e lotería de Nadal, calcetíns, bolsos, bisutería, artigos de papelería, libros, obxectos de decoración e tamén roupa para os peludos da casa, correas e xoguetes.

A fotógrafa Andrea Sánches (@Freckleseye) retratará ás persoas que o desexen coas súas mascotas por unha aportación de 5€, a cambio da cal entregaralles 2 fotos profesionais en dixital. Toda a recadación destinarase a pagar as facturas veterinarias e alimentar aos animais rescatados, segundo informa o Casino 1889.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4