Inicio Carballo ao día Axenda "Di e os amorodos", a proposta de...

"Di e os amorodos", a proposta de Aloumiños para o festival IncluSON

Sábado 4 de decembro do 2021 11.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

O auditorio da Biblbioteca Rego da Balsa será escenario dun contacontos moi especial, "Di e os amorodos", organizado pola asociación Aloumiños dentro do seu festival IncluSON. Paula Gándara, autora da historia e intérprete de lingua de signos, será a encargada da actividade, na que empregará diversos recursos, como a linguaxe de signos ou mochilas vibratorias, para que todos os asistentes poidan gozar co contacontos

Público: nenos e nenas a partir de 4 anos
Acceso de balde. Imprescindible reserva previa no 981758580. 

Compartir:


- 2022 +
- Xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
25
27
28
31