Inicio Carballo ao día Axenda O Mago Paco enche a Biblio de "Maxia...

O Mago Paco enche a Biblio de "Maxia divertida 3.0"

Mércores 6 de outubro do 2021 17.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming Cultura

Esta vez, O Mago Paco preséntanos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levará a nen@s e maiores a descubrir a “maxia divertida” que esconden os contos. Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender o seu público. Unha proposta pouco convencional para traballar os contos, pero moi, moi divertida!!

Público: nenos e nenas de 4 a 9 anos. Máximo un adulto por neno/a ou grupo de nenos/as.
Duración: 1 hora
Entradas: de balde. Imprescindible inscrición previa no 981 75 85 80.
A función retransmitirase por streaming (Facebook e Youtube da biblioteca, de Cultura Carballo e do Concello de Carballo).
Evento incluído no programa de animación á lectura Ler Conta Moito (Xunta de Galicia).
Organiza: Concellaría de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4