Inicio Carballo ao día Axenda Luis Vallecillo presenta o espectáculo...

Luis Vallecillo presenta o espectáculo "A linguaxe esquecida"

Mércores 22 de setembro do 2021 17.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming Cultura

Papabuis comeza unha viaxe que é unha promesa familiar: percorrer o Camiño de Santiago. Nel vivirá catro aventuras nas que descubrirá as claves para atopar un tesouro agochado no mesmo corazón das persoas: a linguaxe universal a través da cal todas e todos podemos conectarnos e crecer como comunidade.

Luis Vallecillo achégase o mércores 22 á Biblioteca Rego da Balsa co espectáculo "A linguaxe esquecida", dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos. 
Duración: 45 min
Reservas: por teléfono, no 981758580.
Por cuestións de aforo só pode asistir unha persoa adulta por neno/a.
A función retransmitirase por streaming (Facebook e Youtube da biblioteca, Cultura Carballo e Concello de Carballo).

Organiza: Concellaría de Cultura
Patrocina: Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4