Inicio Carballo ao día Axenda Convocadas as probas para a obtención dos...

Convocadas as probas para a obtención dos certificados de lingua galega

Do martes 14 de setembro ata o luns 4 de outubro do 2021 Lingua

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021.

O prazo de inscrición e de pagamento está aberto do 14 de setembro ao 4 de outubro de 2021. O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada nos meses de novembro e/ou decembro de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web que atoparedes a continuación.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4