Inicio Carballo ao día Axenda Aforo completo para o concerto de Baiuca, que se...

Aforo completo para o concerto de Baiuca, que se celebrará no auditorio

Venres 6 de agosto do 2021 22.00 horas - Auditorio do Pazo da Cultura Cultura

Á vista da situación meteorolóxica, o concerto de Baiuca celebrarase finalmente no auditorio do Pazo da Cultura, polo que non poderá ampliarse o aforo. 

As entradas non serán numeradas, polo que o público irá ocupando os asentos por orde de chegada. As persoas asistentes deberán facilitar os seus datos, en cumprimento das medidas de prevención da COVID-19. É obrigatorio o uso de máscara, e está prohibido comer, beber e fumar no recinto. Os menores deberán estar acompañados por unha persoa adulta.

Percusión, muiñeiras, cantares tradicionais e sintetizador. Todo isto e máis é Baiuca. Unha mistura perfecta entre o folk e a música electrónica, que evoca directamente á cultura máis ancestral de Galicia, coa inspiración da poesía de Curros Enríquez ou Amado Carballo e as coplas do Cancioneiro Popular Gallego.

Baiuca presentará en Carballo o seu segundo traballo, Embruxo, que conta coa colaboración do percusionista Xosé Lois Romero, acompañado das pandereiteiras e cantareiras Lilaina, e de magníficas colaboracións como a do artista Rodrigo Cuevas ou o frautista-gaiteiro Cristian Silva.

Neste disco están presentes seres místicos ou elementos da natureza como as lavandeiras, as meigas, o diaño, a lúa, o carballo, as herbas de San Xoán... imaxes que son parte do imaxinario visual creado polo videoartista Adrián Canoura para Embruxo.

Compartir:


- 2021 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D