Inicio Carballo ao día Axenda O ciclo de cine euroárabe Amal en Ruta...

O ciclo de cine euroárabe Amal en Ruta despídese coa proxección de "Papicha"

Venres 28 de maio do 2021 20.00 horas - Auditorio Pazo da Cultura Cultura

O ciclo de cine euroárabe pechará a súa cuarta edición coa proxección de "Papicha, sueños de libertad", unha película dramática coproducida internacionalmente en 2019 e dirixida por Mounia Meddour, co-guionista do film, que tras décadas traballando o xénero documental salta á ficción para relatar unha historia, con tintes autobiográficos, ambientada na coñecida "Década negra" da guerra civil de Arxelia.

Esta longametraxe, convertida nun símbolo de resistencia fronte á imposición fundamentalista, foi distinguida nos Premios César 2019 cun galardón á Mellor Ópera Prima e Mellor Actriz Revelación.
 
Sinopse:
Alxeria, anos 80. Unha moza de 18 anos, que acaba de iniciar os seus estudos universitarios, non quere que a situación política e social do seu país lle faga renunciar aos seus soños persoais e profesionais. Nedjma négase a aceptar as prohibicións dos radicais islámicos e decide loitar pola súa liberdade e independencia organizando un desfile de moda.

O acceso ás proxeccións é libre e gratuíto, pero debido ás restricións sanitarias o aforo é limitado, por tanto, as persoas interesadas en asistir deben solicitar previamente a súa entrada enviando un correo electrónico a culturaentradas@carballo.gal (indicando nome, apelidos e número de teléfono).

Duración: 106 min
Organiza: Concellería de Cultura e Fundación Araguaney-Puente de Culturas

Compartir:


- 2023 +
- Xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
16
17
19
20
21
30
31