Inicio Carballo ao día Axenda "Gaza", Premio Goya á Mellor...

"Gaza", Premio Goya á Mellor Curtametraxe Documental, no Amal en Ruta

Venres 14 de maio do 2021 20.00 horas - Auditorio Pazo da Cultura Cultura

O documental "Gaza", dirixido por Gary Keane e Andrew McConnell, chega á 4ª edición de Amal en ruta para abordar a ofensiva israelí contra a Franxa de Gaza, enclave que o réxime de Tel Aviv bombardeou e a cuxa poboación masacrou de forma horrorosa.

A cinta, que se proxectou por primeira vez no Festival de Cine de Sundance, acadou o Premio Goya á Mellor Curtametraxe Documental 2019 pese aos intentos do Goberno de Israel de prohibir a súa exhibición e reprodución. 

Sinopse:
Retrato da vida cotiá dos cidadáns e cidadás de Gaza que continúan as súas vidas a pesar de estar no epicentro do conflito. Directores: Garry Keane e Andrew McConnell.

O acceso ás proxeccións é libre e gratuíto, pero debido ás restricións sanitarias o aforo é limitado, por tanto, as persoas interesadas en asistir deben solicitar previamente a súa entrada enviando un correo electrónico a culturaentradas@carballo.gal (indicando nome, apelidos e número de teléfono).

Ano:
2019| Irlanda
Duración: 92 min.
Organiza: Concellería de Cultura e Fundación Araguaney-Puente de Culturas

Compartir:


- 2023 +
- Xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
16
17
19
20
21
30
31