Inicio Carballo ao día Axenda "The cave", unha historia de esperanza...

"The cave", unha historia de esperanza e coraxe no Amal en Ruta

Venres 7 de maio do 2021 20.00 horas - Auditorio Pazo da Cultura Cultura

"The cave" (A cova) é a segunda proposta do ciclo Amal en ruta, unha longametraxe documental dirixida polo sirio Fera Fayyad e nomeada ao mellor documental nos Oscar 2020 e nos premios de Cine Europeo 2020

Sinopse: Nun hospital subterráneo de Ghouta en Siria, un grupo de doutoras traballa ao límite para curar ás persoas feridas mentres se teñen que enfrontar contra o sexismo endémico da sociedade na que viven. Con esta historia, o director pretende amosar a sen razón da guerra a través da súa cara B rendendo unha homenaxe a quen arroxa luz e esperanza no medio de tanto conflito.

O acceso ás proxeccións é libre e gratuíto, pero debido ás restricións sanitarias o aforo é limitado, por tanto, as persoas interesadas en asistir deben solicitar previamente a súa entrada enviando un correo electrónico a culturaentradas@carballo.gal (indicando nome, apelidos e número de teléfono).

Público: Non recomendada a menores de 18 anos
Duración: 95 min.
Ano: 2019| Siria
Organiza: Concellería de Cultura e Fundación Araguaney- Puente de Culturas

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4