Inicio Carballo ao día Axenda Diversión en familia con PT...

Diversión en familia con PT Excéntricas e o seu espectáculo infantil "Cartoóns"

Domingo 9 de maio do 2021 18.00 horas - Auditorio Pazo da Cultura Cultura

Dentro da programación de #CulturaconForza contamos con actividades para todos os gustos e idades. Nesta ocasión, é a quenda dos/as peques da casa, que poderán desfrutar dunha tarde de teatro en familia, na que as risas estarán aseguradas con Cartoóns, o primeiro espectáculo infantil de Producións Teatrais Excéntricas, que forma parte da celebración do 15º aniversario da compañía.

A través deste espectáculo de clown, maxia e música, poderemos achegarnos a valores como a colaboración, o traballo colectivo, a consciencia ecolóxica e a solidariade, da man de dous magníficos actores, o cormelán Víctor Mosqueira e Josito Porto. 

Sinopse:
Dous tipos abandonados, naúfragos, que viven rodeados de cartóns, ese material que todo o mundo tira, servirálles para construír casas, bandeixas, edredóns, avións, ponchos,... entre outras estruturas. Dirección, creación e intérpretes: Josito Porto e Víctor Mosqueira. Iluminación: Pepe Quintela. Escenografía: Kukas.

Público: Familiar. Nenos/as de 4 a 12 anos
Duración: 50 min.
Entradas: 3 €/2 € (+ gastos de xestión)
Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir:


- 2022 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
17
18
19
26