Inicio Carballo ao día Axenda O teatro volve a Carballo con...

O teatro volve a Carballo con "Bernarda" e a compañía Malasombra

Sábado 8 de maio do 2021 20.00 horas - Auditorio Pazo da Cultura Cultura

En maio, volve o teatro a Carballo da man de #CulturaconForza e a compañía santiaguesa Malasombra, que presentará Bernarda, a súa nova produción que vén de recibir varios premios María Casares 2020 á mellor dirección, ao mellor espectáculo, mellor texto orixinal e mellor actriz secundaria. Trátase dun  texto inspirado na obra La casa de Bernarda Alba, que recolle o conflito de dúas xeracións distintas de mulleres e expón ese choque xeracional entre pais e fillos rodeado dunha realidade inevitable como é o proceso de transformación da sociedade e a súa influencia despois da ditadura franquista

Sinopse: En 1975, nun pobo de Galicia, Bernarda queda viúva con dúas fillas novas ao seu cargo e decreta un luto riguroso durante dous anos, sen saír da casa, sen televisión, sen radio, coas contraventanas da casa pechadas día e noite. Mentres a sociedade avanza cara unha transición despois dunha ditadura, Bernarda fuxe dos cambios e coarta calquera cambio na súas propias vidas. 
Intérpretes: Celia González, Luisa Merelas, Esther Aja. Escenografía: Marcelino de Santiago "Kukas". Axudante dirección e deseño de iluminación: Xoque Carbajal. Dirección e texto: José Prieto. 

Público: Adulto
Duración: Entradas: 75 min
Entradas: 4 € / 3 € (+ gastos de xestión)
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4