Inicio Carballo ao día Axenda Berocasión celebra unha nova fin de semana...

Berocasión celebra unha nova fin de semana de portas abertas edición primavera

Do venres 23 de abril ata o domingo 25 de abril do 2021 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas - Concesionarios

A COVID-19 obrigou o ano pasado a modificar o formato de Berocasión, que se transformou nunha fin de semana de portas abertas nos establecementos participantes para evitar a concentración de público na zona do Rego da Balsa. A boa aceptación que tivo a iniciativa anímanos non só a repetir o formato, senón tamén a organizar unha edición especial de primavera que se celebrará do 23 ao 25 deste mes grazas á colaboración do sector, Axober e o Concello de Carballo.

Como medida de prevención fronte ao coronavirus, Berocasión non terá un único escenario senón 11: Antamotor-Nissan, Automóviles Juan Lema, Baleato Motor-Renault-Dacia, Bercauto-Fiat-Alfa Romeo-Jeep, Corgal Automóviles-KIA,  Dimolk-Peugeot, Garvi Automóviles, JGCAR, Rebalcars, V-Car-Hyundai e Vilas Rama-Citroën.

Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación... En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación. Todas as vantaxes de Berocasión, pero nos propios locais dos 11 participantes, que estarán abertos dende o venres 23 ata o domingo 25 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4