Inicio Carballo ao día Axenda Xuntanza informativa para o sector da...

Xuntanza informativa para o sector da produción de horta e froita

Luns 12 de abril do 2021 12.00 horas - Casa da Cultura de Ordes Participación veciñal

O Sindicato Labrego Galego celebrará o luns 12 de abril unha xuntanza informativa para as persoas que traballan no sector da horta e da froita tanto na comarca de Ordes coma na de Bergantiños. O obxectivo da sesión é falar sobre a Política Agraria Común (PAC), os fondos europeos de recuperación ou as propostas e demandas á Consellería do Medio Rural encamiñadas a mellorar a situación profesional do sector.

A xuntanza celebrarase na Casa da Cultura de Ordes, e, por motivos de aforo, é preciso inscribirse previamente ben a través do enderezo electrónico ordes@sindicatolabrego.com ou ben chamando aos teléfonos 981 682 908 / 649 886 267.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4