Inicio Carballo ao día Axenda Saímos de andaina con Senda Nova na Semana...

Saímos de andaina con Senda Nova na Semana da Mobilidade

Venres 18 de setembro do 2020 17.30 horas - Saída da Ponte de Bértoa

A Asociación Ambiental Senda Nova colabora, un ano máis, nas actividades da Semana Europea da Mobilidade. Nesta ocasión proponnos unha ruta polo treito máis descoñecido da Ruta dos Muíños do Pan, o que abrangue dende A Ponte de Bértoa, dende onde se realizará a saída, ata o Muíño da Cheda.

Normas de participación:

  • Obrigatorio uso de máscara
  • Participación máxima: 10 persoas
  • Inscrición previa en sendanova@hotmail.com

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4