Inicio Carballo ao día Axenda Participa nas rutas pola arte urbana do...

Participa nas rutas pola arte urbana do Día Mundial do Peón

Luns 17 de agosto do 2020 11.00 e 20.00 horas - Saída do Museo

Cada 17 de agosto celébrase o Día Mundial do Peón, unha data que comezou a conmemorarse no ano 1897, a raíz da primeira vítima mortal dun accidente de tráfico, e que dende a Organización Mundial da Saúde (OMS) concíbese na actualidade como un día orientado a difundir a cultura vial dos peóns, promover os espazos axeitados para moverse a pé nas vilas e cidades, e lembrar que moverse a pé tamén implica obrigas.

Este ano, o Concello de Carballo tamén se suma á conmemoración a través da Concellaría de Mobilidade, que organiza para o día 17 dúas rutas guiadas pola arte urbana. Debido á situación sanitaria na que nos atopamos, as prazas son moi limitadas, polo que se realizarán dúas saídas para que poida sumarse o maior número de persoas posible: unha ás 11:00 e outra ás 20:00 horas. As rutas terán unha duración aproximada de hora e media e serán guiadas por persoal da área de Turismo.

Se queres participar inscríbete xa na ligazón que atoparás máis abaixo.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D