Inicio Carballo ao día Axenda I Maratón fotográfico...

I Maratón fotográfico "Enfócate cara a igualdade"

Domingo 15 de marzo do 2020 10.30 horas - Pazo da Cultura e rúas de Carballo

Co propósito de implicar a toda a poboación na loita contra a violencia de xénero e as desigualdades, a Concellaría de Igualdade porá enmarcha o vindeiro día 15 o I Maratón fotográfico “Enfócate cara a igualdade”, unha acción encamiñada a seguir avanzando na sensibilización pero tamén na participación social para que tanto a cativada como a mocidade e as persoas adultas saian ás rúas a retratar as desigualdades.

Ás 10:30 horas deste domingo darase a saída ao maratón no Pazo da Cultura. As persoas participantes deberán realizar 4 fotografías, dentro dos límites do municipio de Carballo, dúas por cada grupo temático (violencia de xénero e igualdade de oportunidades). As persoas participantes deberán pasar os controis nos lugares e horas indicadas pola organización, quedando descualificadas aquelas que no o fagan. Nese momento entregaráselle tamén a cada persoa participante o seu número de identificación e material que deberá empregar durante o maratón.

Haberá tres categorías: infantil, ata os 13 anos; xuvenil, de 14 a 20, e sénior, a partir dos 20. E tamén hai catro premios, un por categoría e un cuarto especial para un veciño/a de Carballo. O premio para adultos consistirá en 500 euros en metálico e os demais, en vales de 100 ou 150 euros para gastar no comercio local. 

Para participar só tes que descargar a folla de inscrición que atoparás en www.carballo.gal e presentala ata o día 12 no Centro de Información á Muller (CIM) ou a través do enderezo electrónico carballoennegro@gmail.com.

Organizan: Concellería de Igualdade, CEntro de Información á Muller (CIM) e o Pacto de Estado 

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D