Inicio Carballo ao día Axenda Os Venres Coolturais súmanse á...

Os Venres Coolturais súmanse á conmemoración do Día da Muller con "Invisibles"

Venres 6 de marzo do 2020 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

A programación dos Venres Coolturais súmase esta semana á coneoración do Día da Muller, que se celebra o 8 de marzo, con "Invisibles", o espectáculo de RedrumTeatro que obtivo numerosos recoñecementos na última edición dos María Casares, con premios á mellor dirección, iluminación e adaptación.

Creado a partir da novela de Montse Fajardo, presenta diversas historias reais protagonizadas por mulleres galegas cun fío común: a violencia de xénero.

Intérpretes: Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez / Iluminación: Laura Iturralde / Música e son: Davide González / Escenografía: RedrumTeatro / Autoría: Montse Fajardo / Adaptación: Marián Bañobre e Santiago Cortegoso / Dirección: Marián Bañobre.

Público: a partir de 13 anos
Entrada: 4 € / 3 €
Duración: 1 h 35 min

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D