Inicio Carballo ao día Axenda Eoe, Lowcos, The Cerne, Quercus Blues, Sonseis+ e...

Eoe, Lowcos, The Cerne, Quercus Blues, Sonseis+ e Versión Imposible, no festival RocKarballo

Venres 28 de febreiro do 2020 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Este venres os e as amantes da música local teñen unha cita moi importante no Pazo da Cultura. A partir das 21.00 horas celebrarse unha nova edición do festival RocKarballo no que diferentes agrupacións musicais carballesas ofrecerán un espectáculo en vivo para gozar con algúns dos seus mellores temas, novas pezas, versións ou arranxos que conforman o seu repertorio actual.

Este ano, Eoe, Lowcos, The Cerne, Quercus Blues, Sonseis+ e Versión Imposible serán os encargados de subir ao escenario para ofrecernos un espectáculo de música universal que mestura actuacións de agrupacións de xéneros musicais máis clásicos con outros máis alternativos.

Sen dúbida, unha gran oportunidade para os/as seguidores do rock & roll, pop, blues, indie, electrónica que poderán escoitar a evolución e creatividade destas bandas. Unha aposta pola diversidade musical e pola súa proxección.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Duración: 2 horas
Organiza: Concellería de Cultura

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4