Inicio Carballo ao día Axenda Música, gastronomía e disfraces nos...

Música, gastronomía e disfraces nos entroidos de Oza e Sísamo

Sábado 22 de febreiro do 2020 20.30 horas - Local social de Oza e Sísamo Participación veciñal

Un ano máis, o Sábado de Entroido deixará numerosas celebracións no noso municipio. As parroquias de Sísamo e Oza sumaránse á festa nunha xornada na que non faltará a música, a gastronomía máis típica destas datas e os difraces máis orixinais e divertidos. Bota unha ollada ás actividades programadas e participa.

SÍSAMO

Festa de Entroido. Local social de Sísamo
Concurso de disfraces infantil e adultos. Actuación musical Dj David e degustación de postres (con entrada)
Organiza: AV Santiago Apóstol de Sísamo
Colabora: Concello de Carballo


OZA

Foliada de Entroido e Corrida do Galo. Local Social de Oza
Ás 16.00 horas dará comezo o tradicional percorrido dos entroidos ao que seguirá, ás 20.30 horas, á gran foliada. As persoas que o desexen poderán achegar sobremesas tradicionais para poñerlle o punto doce á celebración. Animádesvos? 
Organiza: Escola do Alpendre
Colabora: Concello de Carballo e Deputación Provincial da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D