Inicio Carballo ao día Axenda Festival de Nadal da Escola Oficial de Idiomas

Festival de Nadal da Escola Oficial de Idiomas

Venres 20 de decembro do 2019 19.00 horas - Aula 1 do Pazo da Cultura Cultura

A Escola Oficial de Idiomas de Carballo celebra o venres 20 de decembro o IX Concurso de Doces “Nadaleños", que terá lugar na Aula 1 do Pazo da Cultura de Carballo a partir das 19.00 horas. 

O xurado do concurso estará formado por Nuria Cortés Bernárdez, como representante do Pazo da Cultura; Cristina Becerra Nogueira, da pastelería A Balsa, da Laracha; Óscar Varela Martínez, como representante dos profesores da escola; e Isabel Esmorís Blanco, que representa ao alumnado do centro. O xurado valorará o sabor, a presentación, a complexidade e a orixinalidade do doce.

O día da celebración do concurso terán lugar outras actividades:

  • VIII Karaoke Nadalvisión, no que os alumnos competirán, individualmente, en parellas ou en grupo, cantando cancións nas distintas linguas do centro (alemán, francés e inglés). O primeiro premio será un vale de 100€ da FNAC; o segundo e o terceiro son dous lotes de produtos típicos alemáns, franceses e ingleses.
  • Sorteo dunha cesta do Nadal con produtos típicos dos países onde se falan as linguas estudadas no centro. 

A Escola de Idiomas de Carballo leva xa varios anos desenvolvendo actividades culturais relacionadas coas linguas que se ensinan no seu centro, necesarias para que os alumnos poidan poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas clases dunha forma lúdica e interactiva: as linguas estranxeiras son útiles para poder desenvolverse cando se viaxa ao estranxeiro ou en determinados ámbitos laborais, mais tamén para divertirse.

Compartir:

- 2020 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
17
18
19