Inicio Carballo ao día Axenda Presentación pública do plan...

Presentación pública do plan especial de Arnados

Venres 13 de decembro do 2019 19.00 horas - CEIP Nétoma-Razo Participación veciñal

O Concello de Carballo convoca á cidadanía para presentar o documento do Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razoque se someterá a aprobación inicial tan pronto como se reciban os informes, preceptivos e vinculantes, dos departamentos autonómico e estatal de Costas, que teñen un prazo de un mes para emitilos.

A cita será o venres 13, ás 19.00 horas, no CEIP Nétoma-Razo. Ademais da exposición do documento, que se axustou ao prazo de elaboración previsto, o equipo técnico redactor tratará de resolver as dúbidas que poidan ter as persoas asistentes.

Unha vez máis, dende a Concellaría de Planificación e Estratexia Urbana faise un convite a todas as persoas, entidades e empresas interesadas para que non desaproveiten a ocasión de ver os resultados dun proceso que moi participativo dende o comezo. Despois da aprobación inicial, o plan especial estará exposto ao público durante dous meses para posibles alegacións, e ademais de proceder á súa publicación enviaranse notificacións individuais a todos os titulares catastrais da zona afectada.

O obxectivo do plan especial de Arnados é a ordenación integral dunha superficie de 312.811 metros cadrados, que se corresponde co solo rústico existente entre o núcleo de Razo da Costa ata o monte Peados, aproximadamente

Compartir:


- 2020 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
17
18
19