Inicio Carballo ao día Axenda O cantautor arxentino Pedro Reñé...

O cantautor arxentino Pedro Reñé presentará disco e libro no Casino 1889

Venres 6 de decembro do 2019 21.00 horas - Casino 1889 Participación veciñal

O Casino de Carballo segue sumando actividades á celebración do seu 130º aniversario. E, nesta ocasión, contará cunha visita de luxo: a do cantautor arxentino Pedro Reñé, que recalará este venres en Carballo para presentar o seu disco "Andar" e compartir co público o seu último traballo literario "Un minuto antes de ser alguien". 

Música en directo, relatos e versións dalgúns dos temas máis populares de Mercedes Sosa e Silvio Rodríguez serán os principais ingredientes dunha noite máxica e irrepetible. Non vola perdades!

Público: Todos os públicos
Organiza: Casino 1889 

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4