Inicio Carballo ao día Axenda Sofán acollerá a última...

Sofán acollerá a última representación do ciclo Teatro en Ruta

Sábado 30 de novembro do 2019 19.00 horas - Centro social de Sofán Cultura

O ciclo Teatro en Ruta, organizado pola Concellaría de Cultura en colaboración coa compañía carballesa Vagalume Animación, chegará á súa fin este sábado 30, despois de percorrer, durante as fins de semana de novembro, varias parroquias do noso municipio para achegar o teatro á veciñanza das zonas rurais, que, un ano máis, acolleu de maneira moi satisfactoria esta novidosa iniciativa. 

O centro social de Sofán acollerá, ás 19.00 horas, a representación de "Escola de bruxas", a última posta en escena desta edición. A entrada será libre e de balde ata completar aforo.

A Concellaría de Cultura seguirá estendendo este tipo de iniciativas, sempre en colaboración co movemento asociativo, pola cada vez máis ampla rede de centros sociais do noso concello. 

Organiza: Concello de Carballo
Colabora: Vagalume Animación

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D