Inicio Carballo ao día Axenda Un documental e un faladoiro protagonizan esta...

Un documental e un faladoiro protagonizan esta semana as "Tardes no Espazo" de Senda Nova

Do xoves 21 de novembro ata o venres 22 de novembro do 2019 19:00 horas - Espazo da Natureza de Oza Participación veciñal

Esta semana o programa de actividades "Tardes no Espazo", que organiza a asociación ambiental Senda Nova, deixaranos dúas importantes citas no noso municipio. A primeira terá lugar o xoves 21 e consistirá na proxección do documental “Alta tensión, una brecha en el território”, de Eguzki Bedeoak, no que se aborda a obra faraónica levada a cabo para a unión de tendidos eléctricos en Gasteiz, que deixou unha cicatriz de 110 km, con torres de 81metros, coa que se pon de manifesto a unión política e económica para desastre ambiental.

Por outra banda, o venres 22, dentro do ciclo de "Encontros con Activistas", celebrarase unha xuntanza co carballés José Ramón Ríos Recarey "Moncho Ríos", que nos falará do deporte como base asociativa, un campo no que ten gran experiencia como co´fundador de entidades como AD Media Ducia e AD Atletismo Carballo ademais de impulsor de diferentes probas deportivas no noso municipio.

Organiza: AA Senda Nova

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4