Inicio Carballo ao día Axenda Cores, contos e moito rock con Pakolas no 4º...

Cores, contos e moito rock con Pakolas no 4º Festival da Inclusión de Aloumiños

Domingo 24 de novembro do 2019 18:00 horas - Auditorio Pazo da Cultura Participación veciñal

A música e a ilustración centrarán as actividades programadas pola asociación carballesa Aloumiños, en colaboración do Concello de Carballo, con motivo da celebración do seu 4º Festival Solidario Inclusión. Unha xornada na que pretendemos compartir o ocio saudable e inclusivo con todos os membros da nosa comunidade: mediante a música e a ilustración.

Nesta ocasión, a diversión estará garantida co espectáculo "Cores, Contos e Rock n´Roll", de Pakolas, que nos ofrecerá unha proposta musical e conceptual na que se mesturará a música e a ilustración. mentres que o concerto avanza, a artista Laura Romero irá plasmando conceptos e emocións nun lenzo. Ademais, contaremos cun espazo do libro inclusivo para achegar esta temática aos nenos e nenas. Un divertido photocall, un punto de Información e o sorteo de agasallos entre todos os/as asistentes completarán unha xornada de ocio saudable a prol da igualdade e a iclusión.

Se estás interesado en asistir, non esquezas mercar a túa entrada ao longo desta semana no local que a entidade ten no Espazo Xove de Carballo (rúa Valle Inclán, 3º andar), en horario de 10:30 a 12:00 horas ou na billeteira do Pazo da Cultura o mesmo día do festival. Non faltes á cita anual co festival máis inclusivo!
Máis info en asociacionalouminhos@gmail.com.

Público: Familiar
Entrada: 5€ (donativo solidario)
Organiza: Asociación Aloumiños
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D