Inicio Carballo ao día Axenda Senda Nova arrinca novembro coa Ruta das...

Senda Nova arrinca novembro coa Ruta das Férvedas

Domingo 10 de novembro do 2019 08:15 horas - Rúa Venezuela Cultura

A Depresión meridiana é o compás que guía o percorrido desde Carballo ata férveda de San Paio. Corredoiras cheas de encanto para unir saltos de auga formados pola citada valgada que percorre Galicia de norte e sur.

Construcións relixiosas como a impresionante Igrexa de Rus dividen un sinxelo itinerario a cabalo entre a montaña e os fértiles vales das parrqouias de Ardaña, Rus e Entrecruces.

Público: Todos os públicos
Dificultade: media
Percorrido: 15 kms
Saídas: Concello de A Laracha: ás 08:00 horas
Concello de Carballo: ás 08:15 horas (R/ Venezuela)
Organizan: Asoc. Ambiental Senda Nova e Espazo da Natureza de Oza
Colaboran: Concello de Carballo, Concello de A Laracha, A. Monte Neme e Protección Civil

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D