Inicio Carballo ao día Axenda As Noites de Cine chegan ao seu ecuador cun...

As Noites de Cine chegan ao seu ecuador cun thriller de gángsters

Mércores 31 de xullo do 2019 22:30 horas - Xardín Municipal Cultura

O ciclo Noites de Cine chega ao seu ecuador cunha película policíaca, de intriga e suspense, que fará as delicias dos amantes do cine negro americano pero con marcado selo galego. "La sombra de la ley" é un thriller de gángsters ambientado na Barcelona de principios do século XX, cun convulso trasfondo político e social, dirixida polo monfortino Dani De la Torre e protagonizada polo tamén lucense Luís Tosar, a quen acompaña un elenco de actores e actrices de luxo como Michelle Jenner, Ernesto Alterio, Paco Tous e Manolo Solo, entre outros. 

A produtora Vaca Films e a Televisión de Galicia tamén respaldan esta coprodución hispano-francesa, que logrou acadar tres estatuillas nos Premios Goya 2019 (Mellor Dirección de Fotografía, Mellor Dirección Artística e Mellor Deseño de Vestiario) entre outros recoñecementos. 

Sinopse: Ano 1921. España vive un momento axitado e caótico:son os anos do plomo, froito dos violentos enfrentamentos callejeros entre matóns e anarquistas. O gansterismo e os negocios ilegais están instalados na sociedade. Nesta situación de disturbios, Aníbal Uriarte é un policía enviado a Barcelona para colaborar na detención dos culpables do roubo a un tren militar. Aníbal e as súas formas non atopan moito apoio entre os seus compañeiros, e deseguido comezan os enfrentamentos e desconfianzas co inspector Rediú, un superior corrupto. Aníbal entrará en contacto no só cos baixos fondos da sociedade barcelonesa, senón tamén co mundo anarquista máis radical, dispsto a todo para conseguir os seus obxectivos. Alí coñecerá a Sara, unha moza loitadora e temperamental, cuxo encontro terá consecuencias inesperadas para ambos.

Público: + 16 anos
Duración: 126'
Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4