Inicio Carballo ao día Axenda Desfile de autores/as galegos para despedir a XIV...

Desfile de autores/as galegos para despedir a XIV Praza dos Libros

Domingo 14 de xullo do 2019 Todo o día - Xardín Municipal Cultura

Aldaolado

Novas estrelas da cultura galega sumaranse á XIV Praza do Libros na que será a súa última xornada. José Antonio Andrade, Manuel Rivas, Ana Cabaleiro e Ramón Vilar Landeira presentarán as súas últimas obras na Feira da creatividade cultural de Carballo, na que tampouco faltará a música de Aldaolado e o espectáculo infantil de Oviravai. Un broche de ouro que non podes perder! Este é o programa!    

  • 11.00h. Presentación de "Nas cortinas do tempo", de José Antonio Andrade. Estará acompañado por Santiago Pazos e Xosé Manuel Varela.
  • 12.00h. Presentación de "Contra todo isto" e "Vivir sen permiso e outras historias do Oeste", de Manuel Rivas. Presentará o acto Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz de Galicia.
  • 13.00h. Sesión vermú con Aldaolado. Poesía, música e humor serán os ingredientes dun concerto que nos fará rir e emocionarnos coas novas cancións e os poemas inéditos deste singular dúo galego. 
  • 18.30h. Concerto infantil de presentación do libro-disco "Paio e o poder da música", de Oviravai.
  • 20.00h. Presentación de "As Ramonas", de Ana Cabaleiro. Presenta Mercedes Queixas.
  • 21.00h. Presentación de "Un peixe no parqué", de Ramón Vilar Landeira. Presenta o acto o xornalista Xurxo Chapela.
  • 22.00h. Remate da Praza dos Libros.
Durante toda a mañá, as persoas que merquen un libro serán agasalladas cun pan de Carballo.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4