Inicio Carballo ao día Axenda Presentación do libro "El mal sin...

Presentación do libro "El mal sin cura de la Costa da Morte SCA36"

Xoves 4 de xullo do 2019 20.00 horas - Fórum Carballo

O xornalista carballés Manuel Rey presenta o seu libro "El mal sin cura de la Costa da Morte SCA36" nun acto aberto a toda a cidadanía que se celebrará no Fórum Carballo e no que tamén intervirán Manuel Pan e Juliana Moscoso.

A principios dos anos 90, o neurólogo Manuel Arias comezou a recibir na súa consulta a pacientes cuns síntomas que non coincidían con ningunha enfermidade coñecida. Eran persoas maiores de 40 anos con problemas de equilibrio, audición e dificultades para falar. Case todos viñan da Costa da Morte e entre eles había, en bastantes casos, lazos familiares. En 2009, os científicos describiron e identificaron a SCA36, un tipo de ataxia que se transmite de pais a fillos. E en 2012 acharon a razón: un xene mutara, provocando nestas familias un mal que nin mata nin doe, pero aínda non ten cura. Esta é a crónica que narra o libro de Manuel Rey.

Na actualidade, o xornalista carballés é redactor do portal de divulgación científica GCiencia. Antes traballou e aprendeu en varias etapas e diversas seccións, en La Voz de Galicia e Radio Voz. En 2017 recibiu o Premio Galicia de Xornalismo Científico por unha reportaxe sobre a ataxia da Costa da Morte, que agora converte en libro.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4