Inicio Carballo ao día Axenda XV Torneo Internacional alevín F7 Concello...

XV Torneo Internacional alevín F7 Concello de Carballo

Do sábado 8 de xuño ata o domingo 9 de xuño do 2019 10:00h/11:00h - Campo de Fútbol As Eiroas Deporte

O Campo de Fútbol As Eiroas volverá a acoller unha nova edición, e xa van 15, do prestixioso Torneo Internacional Alevín de Fútbol Concello de Carballo Memorial José Luis Vara Oliveira, que, ano tras ano, estase a consolidar como un referente a nivel nacional. Nesta ocasión, á cita acudirán equipos da talla do Athletic de Bilbao, Atlético de Madrid, Sporting de Gijón, Deportivo, Celta, Xuventude Oroso (gañador do torneo da previa), o anfitrión- Escolas Luis Calvo Sanz- e o vencedor das dúas últimas edicións, o AFA Angola. 

O sistema de competición será, como de costume, dun único grupo no que todos xogan contra todos,de maneira que xogadores e entrenadores poderán utilizar diferentes tácticas de xogo en función do rival. Os catro primeros clasificados disputarán as semifinais, finais e a final de consolación.

Os partidos arrincarán na primeira xornada ás 10:00 horas e continuarán pola tarde, a partir das 17:00 horas. A competición regresará o domingo 9, ás 11:00 horas. 

Organiza: Escolas de fútbol Luis Calvo Sanz
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4