Inicio Carballo ao día Axenda Volve a 10K Carballo con importantes novidades e...

Volve a 10K Carballo con importantes novidades e máis premios

Domingo 16 de xuño do 2019 10:30 horas - Rúas de Carballo Deporte

Volve a 10K! A Carreira Popular Concello de Carballo regresará con importantes novidades para cumprir a súa novena edición e consolidarse como unha das mellores citas do Circuíto de Carreiras Populares Deputación da Coruña. Constará de tres probas: a 10K Carballo, oficial da FGA sobre unha distancia homologada de 10.000 metros, e puntuable nas categorías absolutas sub 20, sub 23, sénior e máster; a competición das categorías menores sub 18, sub 14, sub 12 e sub 10, tamén puntuables para o circuíto da Deputación; e as carreiras dos grupos de idade pitufos e biberón, non puntuables.

Unha das novidades é o adiantamento ás 10.30 horas da proba sénior, a primeira en disputarse. Ademais haberá trofeos para o 1º, 2º, 3º clasificados masculino e feminino de cada unha das categorías no 10K así como nas sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10. En sub 20, sub 23 e sénior contemplaranse como única no que aos trofeos se refire. Tamén se premiará ao primeiro carballés e carballesa clasificados, ao corredor de maior idade, ao récord da proba, ao primeiro equipo clasificado e á entidade con máis participantes. Non vos perdades esta cita co deporte!




Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4