Inicio Carballo ao día Axenda A Asociación de Veciños de...

A Asociación de Veciños de Goiáns celebra a Festa da Primavera

Sábado 8 de xuño do 2019 Todo o día - Campo da festa de Xoane Participación veciñal

A Asociación de Veciños San Esteban de Goiáns celebra o sábado 8 de xuño a Festa da Primavera, unha proposta para toda a familia que se estenderá ao longo da xonrada no campo da festa de Xoane, que estará cuberto cunha carpa.

A animación comezará coa música de Os Trastes de Cances na sesión vermú, a partir das 13.00 horas. Unha hora máis tarde será o xantar: churrasco, polo, ensalada, cachelos, sobremesas e café. Pola tarde os protagonistas serán os xogos, tanto para grandes coma para pequenos, e de novo actuarán Os Trastes. A xornada rematará coa verbena a cargo do Trío Karma a partir das 22.00 horas.

Prezos: 25€ (nenos/as de 6 a 14 anos, 10€, e menores de 6 anos, gratis)
Reservas: 634 815 924

Compartir:


- 2019 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
2
3
8
9
10
11
12
13
23
24