Volve o teatro afeccionado con Vagalume Animación
Sábado 25 de maio do 2019 20:30 horas - Auditorio Pazo da Cultura Cultura
O grupo de teatro afeccionado Vagalume Animación volverá a subir ao escenario para sorprendernos e divertirnos coa representación das obras "Búscase Modelo" e "Aleluia", dúas funcións que, sen dúbida, lograrán satisfacer os gustos de todos os /as asistentes.
A compañía carballesa naceu na década dos 90 no seo da asociación cultural Coro Vagalume de Carballo co obxectivo de ampliar a oferta de actividades da entidade e emprender novos proxectos culturais. Dende entón, son moitas as actuacións e os premios que acumulan as súas costas como recompensa a unha dilatada traxectoria sobre os escenarios.
Entrada: Con convite
Organiza: A.C. Vagalume