Inicio Carballo ao día Axenda Arume celebra os 24º Encontros Culturais coa...

Arume celebra os 24º Encontros Culturais coa "II Foliada dos Cativos"

Sábado 25 de maio do 2019 19:00 horas - Local Social de Berdillo Cultura

Foto: A.X. Arume

Un ano máis, Asociación Xuvenil Arume celebra a XXIV edición dos seus Encontros Culturais, na que tampouco faltará a II Foliada dos Cativos coa música e o baile tradicional como protagonistas dun festival, que conta xa con gran tradición e arraigo no municipio, creado para conmemorar o Día das Letras Galegas. 

Como vén sendo habitual, ademais das actuacións musicais e as exhibicións de baile a cargo dos alumnos/as da asociación, tamén poderán participar os máis pequenos da casa. Dende a entidade convidan a todos os nenos e nenas que o desexen a formar parte dunha gran foliada no salón de actos do seu local social para tocar, cantar e bailar. A cambio, desde a organización prometen moitas sorpresas! 

Ademais, os e as asistentes poderán gozar dunha tarde moi animada coas actuacións de varios grupos folclóricos convidados. 

Participación: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: A.X. Arume
Colabora: Concello de Carballo e Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4