Inicio Carballo ao día Axenda La Macana presenta o seu espectáculo de...

La Macana presenta o seu espectáculo de danza ao alumnado de 4º da ESO

Martes 23 de abril do 2019 11.30 horas - IES Alfredo Brañas Cultura

Esta semana comeza a XVII Primavera enDanza e, dentro do programa de actividades paralelas, a compañía La Macana visita o martes 23 o IES Alfredo Brañas, ás 11.30 horas, para presentarlle ao alumnado "Pink Unicorns", o espectáculo que o sábado 27 de abril levarán ao escenario do Pazo da Cultura.

O punto de partida da nova creación de La Macana en colaboración con Samir Akika é un reto, o reto de por en escena a un pai co seu fllo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubano que na súa amplia experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis cercano. Pola outra banda, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva “millennial” co seu querido pai.

Dirección artística: Caterina Varela, Samir Akika & Alexis Fernández / Intérpretes: Alexis Fernández & Paulo Fernández / Deseño de espazo: Tilo Schreieck / Deseño de iluminación: Afonso Castro / Dirección de produción: Caterina Varela.

Duración: 80 minutos.
Público: xuvenil e adulto.
Lugar e hora: sábado 27 de abril, no Pazo da Cultura, ás 20.30 horas.
Entradas: 3 e 4 euros. Venda anticipada en www.ticketea.com e no teléfono 902 044 226. De xeito presencial: na billeteira do Pazo desde unha hora antes do comezo de cada función.

Organizan: Concellería de Cultura e Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D