Inicio Carballo ao día Axenda Un divertido "Frankenstein" chega a...

Un divertido "Frankenstein" chega a Carballo da man de Pata Teatro

Domingo 24 de febreiro do 2019 18:00 horas - Pazo da Cultura Cultura

A premiada compañía malagueña Pata Teatro chega a Carballo para ofrecernos unha enxeñosa comedia que nos tocará o corazón e nos soprará o cerebro. "Frankenstein. No soy un monstruo" é unha versión libre da obra universal de Mary Shelley, que está a celebrar o seu 200º aniversario.

Sinopse: Víctor Frankenstein é un doutor que quere chegar lonxe no mundo da medicina. A súa idea é crear un ser e darlle vida, pero non todo sae como el esperaba e Frankenstein iniciará unha viaxe para demostrar que non é un monstro.

Intérpretes: Josemi Rodríguez e Carlos Cuadros / Escenografía: Vicente Palacios / Vestiario: Eli Postigo /Iluminación e son: Josemi Rodríguez / Dirección e dramaturxia: Macarena Pérez e Josemi Rodríguez 

Público: A partir de 5 anos
Entrada: 4 € / 3 €
Duración: 1 hora
Organiza: Concellaría de Cultura

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D